SEGA: Época do ano na que se corta a herba e cereais
Estamos ante o cuarto ubicado na zona do pazo onde vivían os caseiros da familia nobre, máis espazoso e amplo dos oito existentes nesta área da casa, e que conta, ademais, cunha fiestra que forma parte da fronte principal do pazo.
Chama a atención o seu completo baño, pois é o único Cuarto Duplo Confort que ten a ducha e a bañeira independentes, onde destaca, precisamente, esta última ao tratarse dunha bañeira de época totalmente restaurada a xogo cun orixinal conxunto de billas en estilo vintage.
2 camas de
105 cm
Admite cama extra
Chan radiante en todo o cuarto
Fiestra
Bañeira
Ducha
Amenities
Secador de pelo
WIFI
TV
Bebida de cortesía
Roupeiro
Mesa de traballo
Caixa forte