TRASFEGA: Época do ano na que se pasa o viño dun recipiente a outro
Atopámonos no cuarto máis luxoso e completo de toda a casa, situado na torre da zona nobre do pazo.
Esta perfecta Suite Nupcial, componse de tres espazos diferentes: unha saliña de entrada con vistas privilexiadas ao Patio do Señorito; a cámara principal co dormitorio e dous balcóns; e finalmente, un espazoso baño con bañeira de hidromasaxe dupla e con ducha.
Todo isto fai que sexa un cuarto totalmente íntimo e acolledor onde poder relaxarse e gozar do rural e da natureza, sen ter que prescindir das comodidades e do luxo.
Cama matrimonial de 1’80 cm
Admite cama extra
Ar acondicionado
Dous Balcóns
Chan radiante en baño
Bañeira de hidromasaxe dupla
Amenities Deluxe
Ducha
Albornoz
Zapatillas
Secador de pelo
WIFI
TV
Bebida de cortesía
Roupeiro
Mesa de traballo
Caixa forte