Traballa Connosco

O inicio deste proxecto situámolo no ano 2008 cando, despois de longas décadas de abandono, unha inesperada oportunidade chamou ás portas desta antiga casa fidalga, coa que se emprendeu unha rehabilitación integral con total respecto á súa singularidade, mudando por completo o seu presaxiado destino.

No entanto, o seu rexurdimento non se materializaría até o verán do ano 2015, cando por fin o seu corazón volveu latexar, como aloxamento de Turismo Rural de Categoría Superior Grupo A – Pazo.

A paixón polo noso patrimonio cultural e natural, así como a aposta pola recuperación do rural, quixeron que, despois de tantos anos de decadencia e soidade, o Pazo da Pena voltase brillar nas noites de Manzaneda.

Dende entón, traballamos arreo ca fin de medrar, evolucionar e perfeccionar cada día, para brindar a todos os nosos hóspedes unha pazoexperiencia inesquecíbel.

Gustaríache formar parte deste proxecto novidoso e apaixoante? 

Mándanos o teu Curriculum Vitae no seguinte formulario e estaremos encantados de valorar o teu perfil para ampliar o noso capital humano nos vindeiros procesos de selección.

[gravityform id=”2″ title=”false” description=”false” ajax=”true”]
// */?>