Eventos

O Pazo da Pena é o lugar ideal para a celebración de todo tipo de eventos. Espazos interiores e exteriores que farán das túas celebracións algo especial e inesquecible. Espazos versátiles para cócteles, banquetes, presentacións de produtos, concertos, xuntanzas…

Contacta connosco. Axudarémosche a crear o evento perfecto

VODAS

Contamos cun espazo único perfecto para a celebración da túa voda, xa sexa civil ou relixiosa, xa que o pazo dispón tamén dunha capela privada.

CONVITES

A extensión do eido que arrodea o pazo permite a instalación de carpas de gran capacidade para calquera tipo de celebración.

CATAS

Dispomos dos espazos e dos medios idóneos para a celebración de catas e degustación doutros produtos.

XUNTANZAS

Se precisas organizar unha xuntanza de negocios nun lugar tranquilo e discreto, este é o teu lugar.

LUPANDAS

Aniversarios, xantares familiares, xuntanzas entre amigos… contamos cos mellores espazos adaptados para ti.

CÓCTELES

Os nosos patios e zonas axardinadas son perfectos para a celebración de cócteles ao aire libre.

FALADOIROS E CURSOS

Tranquilidade, privacidade e un ambiente ideal para a inspiración, a creatividade e a aprendizaxe.

CONCERTOS

Música ao vivo, un ambiente natural e enxebre, e un pazo de conto… A mestura perfecta para gozares con todos os sentidos.
WIFI
Equipo audiovisual
Espazos versátiles
Xantares e Coffee Breaks
10 hectáreas de eido

Descubre os nosos espazos

O PORTÓN

  • Dimensións: 50 metros cadrados
  • Capacidade máx: 30 persoas

A CARPINTARÍA

  • Dimensións: 75 metros cadrados
  • Capacidade máx: 60 persoas

A CORTE

  • Dimensións: 50 metros cadrados
  • Capacidade máx: 30 persoas

A CAPELA

  • Dimensións: 40 metros cadrados
  • Capacidade máx: 35 persoas

O EIDO

Máis de 50.000 m2 de terreo desexando acoller calquera tipo de evento familiar, profesional ou cultural.

Espallados polo eido atoparás: o aparcadoiro de 18 prazas, o antigo pozo da casa, a pontella sobre o cavorco, o Rebolo da Pena, o campo das mazairas, a nosa horta ecolóxica, un pequeno parque infantil, o Merendeiro, a Mina de Auga e o Souto da Pena.

Como construcións independentes dentro dos límites do eido que arrodea o pazo atoparás: O Tear, A Adega, A Carpintaría e A Palleira.

// */?>