En las Tierras del Señorito
O edificio que alberga o Pazo da Pena é unha antiga casa señorial coidadosamente restaurada con agarimo e elegancia, dotada coas mellores e máis modernas instalacións.
![](https://pazodapena.com/wp-content/uploads/2016/01/senorito-ico-interior.png)
No interior do pazo
Dispós de máis de 700m2 de áreas comúns por descubrir, onde o enxebre e o moderno conxugan á perfección, creando espazos únicos cun ambiente máxico e inspirador.
![](https://pazodapena.com/wp-content/uploads/senorito7.jpg)
PATIOS
O pazo estrutúrase ao redor de dous patios: un localízase na zona nobre do edificio, e o outro atópase no que era o edificio dos caseiros do Señorito.
Esta particular distribución dos pazos galegos, bríndanos belísimos espazos cos que nos deleitar.
![](https://pazodapena.com/wp-content/uploads/2016/09/senorito8.jpg)
![](https://pazodapena.com/wp-content/uploads/2016/06/senorito3.jpg)
LAREIRA
Sen dúbida, un dos espazos con máis encanto da casa.
Nesta tradicional cociña galega atoparás o lugar perfecto para desfrutar a carón do lume.
E se engadimos uns bos embutidos de Manzaneda mais unha copa de viño da nosa adega, a experiencia tornarase inesquecible.
SALÓN DO LUCERNARIO
Fermoso salón onde destaca a gran cheminea de pedra e o espectacular lucernario, totalmente restaurado inspirándose no fresco orixinal.
![](https://pazodapena.com/wp-content/uploads/2016/06/senorito3b.jpg)
![](https://pazodapena.com/wp-content/uploads/2016/06/senorito1-2.jpg)
SALÓN DA PENA
O Salón da Pena, o máis luxoso do pazo, atópase cheo de elegantes reliquias dunha época pasada que che farán voar no tempo.
A través do salón, accederás ao afamado Balcón da Pena.
![](https://pazodapena.com/wp-content/uploads/2016/06/senorito2-1.jpg)
![](https://pazodapena.com/wp-content/uploads/2016/06/senorito17.jpg)
BALCÓN DA PENA || SOLAINA
Ao Balcón da Pena accédese dende o Salón da Pena. Foi construído sobre a pena xigante que lle dá nome á casa, dende o cal gozarás dunhas marabillosas vistas das montañas do Macizo Central Ourensán.
A solaina, pola súa parte, é un dos mellores lugares para relaxarse ao aire libre e a mostra da perfecta sintonía entre o pazo e a natureza que o arrodea.
![](https://pazodapena.com/wp-content/uploads/2016/06/senorito16.jpg)
![](https://pazodapena.com/wp-content/uploads/2016/06/senorito4.jpg)
BIBLIOTECA || SALA DE LECTURA
Dúas estancias moi diferentes, mais ámbalas dúas son perfectas para relaxarse e gozar da lectura.
Na biblioteca atoparás libros centenarios, mentres que dende a bela e chea de cor Sala da Lectura, poderás observar unha panorámica do Carballo Rebolo máis grande de Galicia.
![](https://pazodapena.com/wp-content/uploads/2016/06/senorito5-1.jpg)
![](https://pazodapena.com/wp-content/uploads/2016/06/senorito10.jpg)
CAPELA
Trátase dunha pequena capela adicada á Inmaculada Concepción.
Integrada na parte nobre do pazo, atópase sinalizada por unha pequena xanela e un frontón triangular coroado cunha cruz cristiá.
Ten planta rectangular e conta cun retablo barroco do S.XVIII feito a base de pan de ouro.
CATACUMBAS
Dende o Patio do Señorito e atravesando a lavandaría, poderás acceder a estes curiosos e misteriosos compartimentos que contan cunhas bufardas para a entrada de luz e para defensa. Para poder adentrarte nelas, tan só nolo terás que solicitar.
![](https://pazodapena.com/wp-content/uploads/2016/06/senorito11.jpg)
![](https://pazodapena.com/wp-content/uploads/2016/01/senorito-ico-eido.png)
NO EIDO DO PAZO
Contamos con máis de 10 hectáreas de eido por descubrir, entre as que se agocha un dos grandes tesouros da natureza da nosa terra e diversas construcións senlleiras do rural galego.
![](https://pazodapena.com/wp-content/uploads/senorito15.jpg)
REBOLO DA PENA
Unha árbore máxica que ademais presume de ser o exemplar máis grande de toda Galicia e por iso forma parte do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.
![](https://pazodapena.com/wp-content/uploads/senorito15b.jpg)
![](https://pazodapena.com/wp-content/uploads/2016/06/senorito20.jpg)
ZONAS DE LECER
Non deixes de pasear polo noso eido onde atoparás diversos elementos típicos do rural e orixinarios do pazo. Abofé que espertarán a túa curiosidade e imaxinación.
![](https://pazodapena.com/wp-content/uploads/2016/06/senorito19.jpg)
A MINA DE AUGA (A COVA)
Totalmente restaurada e en funcionamento. Poderás acceder á mesma por unha porta que che conducirá a través dun túnel iluminado que atoparás doadamente na parte alta da leira.
![](https://pazodapena.com/wp-content/uploads/2016/06/senorito18.jpg)
![](https://pazodapena.com/wp-content/uploads/2016/06/senorito13.jpg)
EXPOSICIÓNS ETNOGRÁFICAS
Ubicadas en cadansúa construción independente do edificio principal, esta rede de exposicións adicadas aos catro labores labregos con maior arraigamento na zona, permitiranche achegarte á nosa tradición cultural.
O TEAR
A ADEGA
A CARPINTARÍA
A PALLEIRA
![](https://pazodapena.com/wp-content/uploads/images/info.png)
![](https://pazodapena.com/wp-content/uploads/2016/06/senorito14.jpg)
![](https://pazodapena.com/wp-content/uploads/2016/06/senorito21.jpg)
AGRICULTURA ECOLÓXICA
No eido atoparás a nosa horta ecolóxica de onde saen, por exemplo, as deliciosas marmeladas do almorzo ou as famosas mazás da Pena, se tes a sorte de que che cadre na tempada.
Tamén, a tan só 4 km do pazo sitúanse os dous viñedos históricos da casa, onde aínda resisten as antigas cepas dispostas en estreitos socalcos, algo moi característico de toda a Ribeira Sacra, que seguimos a traballar artesanalmente e ecoloxicamente para producir un mencía e un godello, na Adega propia do Pazo da Pena.
PASA E OLLA POR TI MESM@!
Descubre os recunchos que acollen os muros e piares deste pazo de conto.