Termos e condicións

Ao efectuar a reserva, acéptanse todos os termos e condicións que a continuación se expoñen

TARIFAS OFICIAIS

Tarifas oficiais de Aloxamento + Almorzo para 1 noite (IVE incluído):


  • Cuarto Duplo Básico, para 2 hóspedes, por 85€.
  • Cuarto Duplo, para 2 hóspedes, por 105€.
  • Cuarto Duplo Deluxe, para 2 hóspedes, por 125€.
  • Cuarto Duplo Deluxe con Bañeira de Hidromasaxe, para 2 hóspedes, por 145€.

Tarifas oficiais de Aloxamento + Almorzo por hóspedes adicionais (IVE incluído):

  • Hóspede adicional aloxado en Cama Extra*: 25€/Noite.
  • Hóspede adicional de até 16 anos aloxado en Cama Extra: 20€/Noite.
  • Hóspede adicional aloxado na/s cama/s existente/s por definición do seu cuarto: 15€/Noite.
  • Hóspede adicional de até 16 anos aloxado na/s cama/s existente/s por definición do seu cuarto: 10€/Noite.
  • Os bebés de até 2 anos poden aloxarse gratuitamente nun Berce, nunha Cama Extra ou na/s cama/s existente/s por definición do seu cuarto.
 
  • *A dispoñibilidade das Camas Extras e Berces debe ser comprobada polo establecemento antes de efectuar a reserva (informacion@pazodapena.com ou 988 333 038). Na sección CUARTOS da web atopará as fichas descritivas de cada cuarto, nas cales poderá descubrir que cuartos admiten a súa instalación.
 

CONDICIÓNS DE RESERVA, CANCELACIÓN E NO-SHOW

  1. Para efectuar a reserva solicitaránselle os datos dunha tarxeta de crédito ou débito válida.
  2. Durante os 5 días ANTES da data de chegada cobraráselle, na tarxeta que asociou á reserva, o 50% do importe total, como anticipo NON reembolsábel en caso de cancelación ou modificación.
  3. Se a reserva inclúe o aloxamento nalgún día festivo, víspera de festivo ou algún día do mes de agosto, cobraráselle por adiantado xusto despois de efectuala, na tarxeta que asociou á reserva, o 50% do importe total, como anticipo NON reembolsábel en caso de cancelación ou modificación.
  4. A cancelación da súa reserva debe solicitala por escrito en informacion@pazodapena.com
  5. Se non solicita a cancelación da súa reserva e non se presenta no establecemento, cobraráselle o 50% restante do importe total da súa reserva.

CHECK-IN

  • O horario oficial para efectuar o rexistro de entrada (check-in) comeza ás 15:30 e remata ás 20:30.
  • A casa rural non dispón de Recepción continua 24h, polo que durante a mañá do día da entrada, solicitaráselle que informe da súa hora aproximada de chegada.
  • Se por incompatibilidade horaria, precisase efectuar a entrada máis tarde das 20:30, deberá comunicárnolo antes de efectuar a reserva para comprobar a nosa dispoñibilidade.
  • Durante o rexistro de entrada, todos os hóspedes maiores de 16 anos deberán presentar os seus respectivos documentos de identidade (DNI ou pasaporte) ca fin de emitir os partes de viaxeiro.
 

CHECK-OUT

  • O horario oficial para efectuar o rexistro de saída (check-out) comeza ás 9:30 e remata ás 12:00.
  • A saída serodia está suxeita a dispoñibilidade. Deberase efectuar unha solicitude previa, trala cal se verificará a posibilidade da mesma e se consensuará co persoal responsábel do rexistro de saída.
  • Se non se lle confirma a posibilidade da saída serodia, e non efectúa o rexistro de saída antes das 12:00, entenderase que desexa prorrogar a súa estada unha noite máis, aplicando o correspondente cargo na tarxeta asociada á reserva.
 

SERVIZO DE ALMORZO

  • O horario do servizo de almorzo comeza ás 9:00 e remata ás 11:30.
 

SERVIZO DE LIMPEZA

  • A limpeza do seu cuarto poderase realizar entre as 11:30 e as 17:30.
 

NORMAS XERAIS

  • Para garantizar o acougo óptimo de todos os nosos hóspedes, débese respectar o horario común de descanso, e evitar facer calquera tipo de ruído que poida incomodar a hóspedes veciños, sobre todo entre as 00:00 e as 9:00.
  • Calquera dano causado polos hóspedes a obxectos, mobles ou á propiedade en xeral, será a súa exclusiva responsabilidade e deberá aboar pola reparación ou reposición dos mesmos.
  • Está prohibido fumar en todas as dependencias interiores do establecemento.
  • Non se admiten mascotas.
  • Sistel-Nor S.L. resérvase o dereito de admisión e de rescisión do contrato de aluguer en calquera momento.