En las Tierras del Señorito

O edificio que alberga o Pazo da Pena é unha antiga casa señorial coidadosamente restaurada con agarimo e elegancia, dotada coas mellores e máis modernas instalacións.

No interior do pazo

Dispós de máis de 700m2 de áreas comúns por descubrir, onde o enxebre e o moderno conxugan á perfección, creando espazos únicos cun ambiente máxico e inspirador.

PATIOS

O pazo estrutúrase ao redor de dous patios: un localízase na zona nobre do edificio, e o outro atópase no que era o edificio dos caseiros do Señorito.

Esta particular distribución dos pazos galegos, bríndanos belísimos espazos cos que nos deleitar.

LAREIRA

Sen dúbida, un dos espazos con máis encanto da casa.

Nesta tradicional cociña galega atoparás o lugar perfecto para desfrutar a carón do lume.

E se engadimos uns bos embutidos de Manzaneda mais unha copa de viño da nosa adega, a experiencia tornarase inesquecible.

SALÓN DO LUCERNARIO

Fermoso salón onde destaca a gran cheminea de pedra e o espectacular lucernario, totalmente restaurado inspirándose no fresco orixinal.

SALÓN DA PENA

O Salón da Pena, o máis luxoso do pazo, atópase cheo de elegantes reliquias dunha época pasada que che farán voar no tempo.

A través do salón, accederás ao afamado Balcón da Pena.

BALCÓN DA PENA || SOLAINA

Ao Balcón da Pena accédese dende o Salón da Pena. Foi construído sobre a pena xigante que lle dá nome á casa, dende o cal gozarás dunhas marabillosas vistas das montañas do Macizo Central Ourensán.

A solaina, pola súa parte, é un dos mellores lugares para relaxarse ao aire libre e a mostra da perfecta sintonía entre o pazo e a natureza que o arrodea.

BIBLIOTECA || SALA DE LECTURA

Dúas estancias moi diferentes, mais ámbalas dúas son perfectas para relaxarse e gozar da lectura.

Na biblioteca atoparás libros centenarios, mentres que dende a bela e chea de cor Sala da Lectura, poderás observar unha panorámica do Carballo Rebolo máis grande de Galicia.

CAPELA

Trátase dunha pequena capela adicada á Inmaculada Concepción.

Integrada na parte nobre do pazo, atópase sinalizada por unha pequena xanela e un frontón triangular coroado cunha cruz cristiá.

Ten planta rectangular e conta cun retablo barroco do S.XVIII feito a base de pan de ouro.

CATACUMBAS

Dende o Patio do Señorito e atravesando a lavandaría, poderás acceder a estes curiosos e misteriosos compartimentos que contan cunhas bufardas para a entrada de luz e para defensa. Para poder adentrarte nelas, tan só nolo terás que solicitar.

NO EIDO DO PAZO

Contamos con máis de 10 hectáreas de eido por descubrir, entre as que se agocha un dos grandes tesouros da natureza da nosa terra e diversas construcións senlleiras do rural galego.

REBOLO DA PENA

Unha árbore máxica que ademais presume de ser o exemplar máis grande de toda Galicia e por iso forma parte do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

ZONAS DE LECER

Non deixes de pasear polo noso eido onde atoparás diversos elementos típicos do rural e orixinarios do pazo. Abofé que espertarán a túa curiosidade e imaxinación.

A MINA DE AUGA (A COVA)

Totalmente restaurada e en funcionamento. Poderás acceder á mesma por unha porta que che conducirá a través dun túnel iluminado que atoparás doadamente na parte alta da leira.

EXPOSICIÓNS ETNOGRÁFICAS

Ubicadas en cadansúa construción independente do edificio principal, esta rede de exposicións adicadas aos catro labores labregos con maior arraigamento na zona, permitiranche achegarte á nosa tradición cultural.


O TEAR

A ADEGA

A CARPINTARÍA

A PALLEIRA

AGRICULTURA ECOLÓXICA

No eido atoparás a nosa horta ecolóxica de onde saen, por exemplo, as deliciosas marmeladas do almorzo ou as famosas mazás da Pena, se tes a sorte de que che cadre na tempada.

Tamén, a tan só 4 km do pazo sitúanse os dous viñedos históricos da casa, onde aínda resisten as antigas cepas dispostas en estreitos socalcos, algo moi característico de toda a Ribeira Sacra, que seguimos a traballar artesanalmente e ecoloxicamente para producir un mencía e un godello, na Adega propia do Pazo da Pena.

PASA E OLLA POR TI MESM@!

Descubre os recunchos que acollen os muros e piares deste pazo de conto.

// */?>